VII Encontro Milpedras

 

 

poética, François Davó, Charo Pita e Natalia Concheiro ,

música, Karlos Barral as percusións

fotografía, Paula Gómez del Valle

cartaz, Alberto Carballido

celebrouse o venres 8 de abril a partir das 21:00 h.

 

Xa son 7, ese número que esta entre o 6 e o que esperamos seña o 8º Encontro, o número sagrado dos astros, a divinidade feita verso, os artistas que nos acompañan neste encontro son eses seres da luz que esta noite representan esa adoración entre eles e entre todos os que se achegan a sentilos. Coñecidos entre sí e escollidos co corazón para dar vida a unha expresión que vai mais alá dunha simple reunión de artistas, é unha reunión de persoas que chaman ao fondo do intelecto e do ser, unha gran reunión honrando á textura da paisaxe da nosa memoria e os noso soños.

 

 

VERSOS PARA LER

 

Valo

Un dia non teremos brazos

Nin nome vulgar

Seremos algo como

Unha illa

                un corazón.

Coñecedor xa

O abalar da arela

Un sabor a pedra salgada na boca

                -lamber a pedra! lamber a pedra!-

Naceremos outra vez

da unión de dúas femias

do pracer

das súas escumas,

e ficaremos para sempre nese xurdir a gritos-

              velaqui estou

o equilibrista.

por François Davo

 

 

IMAXES DO EVENTO:

 

© Milpedras

 

 

 

Please follow and like us:

Comments are closed.

Siguenos en … :)

Política de privacidad