IX Encontro

IX Encontro Milpedras

 

 

Os Encontros en Milpedras, espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e participantes poden aproveitar a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento, continúan no Taller de Litografía Milpedras.

A proposta consiste no traballo común de escritores, músicos e artistas plásticos e visuais que queren comunicarse entre si e co público sen intermediarios, aumentando o coñecemento e o diálogo libre entre as diferentes disciplinas artísticas, e ofrecendo ao público interesado unha experiencia nova e enriquecedora.

 

 

 

 

FOTOGRAFIAS DO EVENTO

 

 

CRÉDITOS DA IX EDICIÓN:

Poética: Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho

Música: Mou

Proxección en directo de fotografías: Maribel Longueira.

Cartaz: Alberto Carballido

 

 

Comments are closed.