DSC_9645

IV Encontro Milpedras

 

Os Encontros en Milpedras, espazo de comunicación natural entre diversas artes, unindo os seus camiños nun fluxo simultáneo onde os espectadores e participantes poden aproveitar a enerxía de varios artistas compartida nun mesmo lugar e momento, continúan no Taller de Litografía Milpedras.

Unha noite máxica ao son do violín de Manu Clavijo, cheo da amizade e o compañeirismo pola que xa en so 4 edicións se está a converter este acontecemento.

Esta noite poidemos compartir o noso tempo con voces moi diversas contrapesando o equilibrio da sensualidade de Chelo Suárez e o arrouto de María Lado ou ese coñecemento universal da simplicidade de Eduardo ou a multimirada de Antía Otero que volve o ollo cara o que acontece tras de cada primeiro ollar

Dende logo esquencer á personaxe que encerra o Manoel Bonabal quitarlle o mérito a persoa capaz de captar situacións, de representar os ánimos do público que asistiu ao espazo, mexturando co color das palabras dos poetas e os sons de Manu Clavijo, o noso querido colaborador dende o día que o coñecimos.

Repetiremos se os Deuses nos acompañan e danos que ata agora nós o tentamos acompañar a eles, ou seña, o prónostico é favorable

 

OS ARTISTAS

 

FOTOS DO EVENTO

Fotos: Ruben Fernández y Santiago Fernández

 

 

Créditos do IV Encontro:

Poesía: Antia Otero, Eduardo Estevez, Chelo Suarez e María Lado

Música: Violín e guitarra de Manu Clavijo

Artes plásticas: pintura de Manoel Bonabal

 

Comments are closed.