“Festival Itinerante de cortometrajes 5C”

 

 

 

 

No certame poderán verse 15 curtas filmadas con tecnoloxías moi diversas, dende a cámara web oua mini-cámara dixital ata cámaras profesionais
O público das proxeccións poderá puntuar as curtas e decidir así o gañador final da mostra
É o primeiro proxecto da Asociación Ad’Art que se desenvolve en rede por 6 cidades do estado e
grazas a colaboración con outras entidades culturais
O certame de curtametraxes 5C (5 Céntimos) estará este verán en tres cidades galegas: Cangas do Morrazo, A Coruña e Ourense. Trátase dun novo modelo de festival no que se premia a creatividade e a orixinalidade de produccións audiovisuais realizadascon poucos recursos.

Plantexada como unha convocatoria internacional, 5C propón ós participantes utilizar os novos dispositivos de gravación e as novas ferramentas de edición audiovisual para facer pezas dun máximo de dez minutos. Pódense utilizar móviles, cámaras web, mini-cámaras dixitais ou calquera outro dispositivo que permita a captura de imaxes. Neste sentido, o certame é un punto de encontro de creacións diversas que nos chegan de tódalas partes do mundo e que
proceden tanto de pequenas productoras como de grupos de amigos, familias ou escolas de audiovisual. Este tipo de creacións conviven a diario na rede e póñennos en contacto cun novo tipo de imaxe que non se entende na vangarda tecnolóxica nin se desbota no seu nome. O certame 5C pretende movilizar e darlle forma a estes contidos ó tempo que se pregunta polo tipo de paisaxe que conforman.

Nesta edición do festival participaron máis de cen curtametraxes procedentes de 12 países.
Na primeira fase do certame, as curtas publicáronse na páxina web do festival e foron os usuarios da páxina quenes seleccionaron os finalistas cos seus votos. Os filmes clasificados proxectaranse nos próximos días nas cidades do circuito 5C: Cangas do Morrazo, A Coruña, Ourense, Madrid, Huelva e Girona. Nesta última celebrarase a gala final e a entrega de premios.
Un dos obxetivos do certame é provocar procesos abertos e participativos nos que público e creador dialoguen. Por este motivo, o público que asista ás proxeccións terá á súa disposición unha tarxeta para puntuar as curtas que compiten no certame. Do mesmo xeito que aconteceu cos finalistas, serán tamén os espectadores quenes decidan os gañadores fináis de 5C.

O proxecto 5C naceu coa intención de estimular a creación audiovisual en tódalas súas formas, sen os límites marcados polos orzamentos de producción. Desta maneira, o certame queda ligado a un dos obxetivos fundamentáis da Asociación Ad’Art: xerar espazos de creación abertos e inclusivos nos que poida intervir a meirande parte da cidadanía, estreitando así a distancia entre público e artista e entre a cultura popular e a institucional.

 

 

VIDEO DE LOS SUCEDIDO

© Eidan pelis

Comments are closed.